Simon and Garfunkel é un dúo musical norteamericano formado por Paul Simon e Arthur Garfunkel. Coñecéronse mentres estudaban no instituto en 1957 e alí formaron o grupo Tom and Jerry, que tiña como canción senlleira "Hey Schoolgirl". Xa como Simon and Garfunkel o seu primeiro álbum "Wednesday Morning, 3 A.M" (1964) pasou desapercibido ata que o produtor, Tom Wilson tivo a idea de engadir guitarras eléctricas a un dos temas do álbum e relanzalo, o dúo saltou, pois, á fama en 1965 con "The Sound of Silence". A súa música foi banda sonora do filme que foi mítico para toda unha xeración, The Graduate e que lles deu fama mundial.
Simon & Garfunkel--------The Boxer-------> Ollar Video
Simon and Garfunkel- -------America-------> Ollar Video
Simon & Garfunkel - -----Mrs. Robinson------> Ollar Video
Simon & Garfunkel -- Bridge Over Troubled Water—Ollar-à Video
Simon & Garfunkel --- Homeward Bound (Monterey 1967---Ollar --à Video
Simon & Garfunkel ----- Old Friends----Ollar--à Video
Simon & Garfunkel ---- Sound Of Silence--- Ollar--à Video
Vídeos Recollidos de Youtube